NovasIr a esta sección

O Concello reformará a cuberta do Pavillón Municipal de Valeixe
Data de publicación: 29 de xullo de 2020

Cunha inversión de 126.886€uros, financiada ao 100% polo Plan Concellos 2020 da Deputación

 

Con máis de 30 anos de antigüedade, o pavillón de Valeixe presenta graves deficiencias estructurais polo mal estado de conservación, sobre todo na cubrición, que requiren cada ano de numerosas reparacións e pequenas intervencións sen que se cheguen a dar solucións definitivas.

 

Filtracións de auga polos paneis do tellado, condensacións, goteos ao interior, musgos e acumulacións de suciedade nas fachadas por defectos no traslado das augas pluviais, falta de aislamento na envolvente térmica, incumprimento na normativa contra incendios,  son algúns dos problemas que presenta esta instalación municipal polo que unha das prioridades do Goberno do actual Alcalde, Luis Piña, foi a de incluir esta obra no seu 1º Plan Concellos da Deputación.

 

Para subsanar todas estas deficiencias o Concello conta coa aprobación dunha subvención ao 100% da Deputación Provincial por importe de 126.886,26 €uros que inclúe a sustitución de todo o tellado do pavillón, a instalación de novos canalones e baixantes de chapa de aceiro, aplicación de pintura protectora nas vigas e pilares metálicos e o revestimento interior baixo a cuberta.

 

A reforma integral da cuberta permitirá eliminar os custes que ata o momento viña soportando o Concello en pequenas reparacións, en consonancia coa política de austeridade autoimposta pola Alcaldía. 

compartir

axenda