NovasIr a esta sección

O Concello rehabilitará o 50% dos Vestiarios do Pavillón Municipal Carballo do Marco
Data de publicación: 17 de xullo de 2020

A obra que ascende a 46.714,15€ está subvencionada polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra

SEGUNDO MANIFESTA O ALCALDE, LUIS PIÑA, ESTA ACTUACIÓN ENCAIXA PERFECTAMENTE NA SÚA POLÍTICA DE REHABILITACIÓN E MANTEMENTO DOS BENS MUNICIPAIS EXISTENTES, APLICANDO “RIGOR ORZAMENTARIO” AO ESTAR SUBVENCIONADA A OBRA E A REDACCIÓN DO PROXECTO AO 100%.

 

Construida no ano 1983, esta instalación deportiva é unha das máis utilizadas polos clubes da localidade, onde se desenvolven importantes actividades e competicións. Sin embargo durante os seus 37 anos de vida, os vestiarios do pavillón  apenas sufriron modificacións, presentando na actualidade importantes deterioros e desperfectos acumulados ao longo do tempo. Ademáis as condicións de salubridade tampouco son as máis óptimas para este tipo de instalacións, xa que a ventilación natural é insuficiente polo que provoca humidades e un ambiente insalubre, motivo de queixa dos usuarios.

 

Por todo isto, o Alcalde da Cañiza, Luis Piña,  tiña claro que dentro do seu primeiro Plan Concellos da Deputación estaría incluida  esta obra de rehabilitación encamiñada a mellorar as condicións de salubridade e ventilación dos vestiarios másculino, feminino e dos árbitros. Con esta obra  tamén se cumprirá coa obriga de ir realizando as obras necesarias para suprimir progresivamente as coberturas de fibrocemento con amianto nos edificios e espazos públicos.

 

O proxecto que está subvencionado na súa totalidade polo Plan Concellos da Deputación Provincial, inclúe as obras de renovación das instalacións de electricidade e fontanería con instalación de novos aparellos sanitarios; execución de novos revestimentos en paredes da zona de duchas de todos os vestiarios  e pintado do resto de paredes con pinturas resistentes á humidade e antimofo; colocación dun novo pavimento vinílico antiescorregadizo no chan dos vestiarios e do corredor de acceso aos mesmos; sustitución do falso teito  de madeira por aluminio;  instalación de duchas con elementos antivandálicos e con temporizador para aforrar auga e reparación das paredes dos corredores.

 

Unha reforma que permitirá dar un servizo de calidade aos usuarios e dotará ao pavillón dunha apariencia máis moderna, funcional e saudable.

compartir

axenda