NovasIr a esta sección

O Concello e o Clube Balonman Cañiza asinan un Convenio para 2018
Data de publicación: 09 de xaneiro de 2018

Coa firma deste convenio, o Concello segue sendo o principal apoio e colaborador do clube, garantindo deste xeito a continuidade do deporte de elite no termo municipal para os vindeiros anos.

O Concello de A Cañiza e o Clube Balonmán Cañiza veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano 2018. Coa firma deste convenio, o Concello segue sendo o principal apoio e colaborador do clube, garantindo deste xeito a continuidade do deporte de elite no termo municipal para os vindeiros anos.

Na actualidade o Clube Balonmán Cañiza conta co equipo sénior masculino competindo na 1ª Estatal, terceira categoría do balonmán nacional, e con máis de cen licenzas de nenos e nenas da súa base tramitadas. Así seguen desenvolvendo unha importante labor social na zona, feito que se ergue como un dos puntos máis importantes de dito convenio.

compartir

axenda