NovasIr a esta sección

O Concello xa ten operativa a Brigada de Incendios para a campaña 2020
Data de publicación: 05 de agosto de 2020

A Brigada, integrada por 4 profesionais está activa dende o pasado 30 de xullo e traballará durante tres meses conxuntamente co dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal XVII Ponteareas.

O CONCELLO DA CAÑIZA XA TEN OPERATIVA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS  FORESTAIS PARA A CAMPAÑA 2020

Os brigadistas desenvolverán fundamentalmente labores de prevención, executarán rozas, rareo e eliminarán restos en vías e camiños forestais, áreas cortalumes, faixas de xestión da biomasa do Concello ou en superficies sobre as cales o Concello ten cesión de aproveitamento, uso ou desfrute dacordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Tamén traballará en superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición, sempre e  cando non sexa posible a mecanización das actuacións.

Ademáis, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, a Xunta de Galicia poderá decidir a mobilización destes medios fóra do noso termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA,  Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Imaxe de hoxe: O Alcalde, acompañado do encargado de obras e a Brigada na zona da Ponte de Noceifas no Couto.

compartir

axenda