O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, RECIBE A VISITA DO CAPITÁN DA COMPAÑÍA DA GARDA CIVIL DE TUI, FCO. JAVIER MARTÍN, PARA TRATAR SOBRE TEMAS DE SEGURIDADE E TRÁFICO
Nesta visita se trataron temas tan importantes para A Cañiza como a coordinación en materia de seguridade cidadá e tráfico. O Alcalde ofreceulle ao Capitán toda a colaboración da Institución, poñendo a disposición da Garda Civil os servizos que ofrece o Consistorio en materia de seguridade para falicitar o seu traballo e garantir o benestar dos veciños e veciñas da Cañiza.