NovasIr a esta sección

O Clube Kung Fu Cañiza participou no 1º Campionato Galego Virtual
Data de publicación: 26 de maio de 2020

Organizado pola Federación Galega de Kung Fu do 5 ao 20 de maio de 2020.

O noso Clube foi un dos primeiros en participar neste 1º Campionato Virtual no que estiveron presentes deportistas de toda a Comunidade Autónoma. Resaltar que o Clube Cañicense recibiu a noraboa da Federación Galega de Kung Fu por adestrar a tan bos loitadores.

O obxectivo deste evento era activar á xente e animala para que fora máis liviano o confinamento. Dende o inicio da pandemia, a Federación Galega estivo traballando no adestramento persoal de cada deportista, converténdose esta iniciativa nunha actividade máis do ente federativo.

O Alcalde, Luis Piña, eloxiou o esforzo amosado por todos os deportistas da Cañiza, que continuaron cos seus adestramentos  a través das plataformas dixitais, impulsando o noso deporte, tamén no estado de alarma.

compartir

axenda