NovasIr a esta sección

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria visita A Cañiza
Data de publicación: 23 de maio de 2018

Francisco Conde, visitou  o pasado 22 de maio, en A Cañiza, ás alumnas do curso Atención sanitaria a persoas dependentes en institución sociais.​ 

Para o Conselleiro, o programa ‘Formación á porta’ contribúe a crear emprego e fixar poboación no rural. 

 

Este programa pioneiro, enmarcado no Plan de formación e emprendemento no rural, estase a realizar en 27 concellos a través de 32 cursos para 480 menores de 30 anos.

 

Neste curso participan un total de 10 alumnas que recibirán 468 horas de formación nun área que responde ás necesidades do tecido empresarial de A Cañiza, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e acadar a súa inserción laboral. Un dos obxectivos de Formación á porta é ofrecer cursos adaptados ás demandas das empresas achegándoas ás zonas do rural onde non existen centros de formación homologados.

O conselleiro finalizou explicando a importancia da colaboración institucional, especialmente entre a Administración autonómica e local, para coñecer as demandas e necesidades do tecido empresarial de cada zona e deseñar un plan de formación adaptado. Neste sentido, tamén se referiu aos Concellos Emprendedores e lembrou que estes terán prioridade á hora de acceder a varias das liñas de axuda da Xunta, como é o caso destes cursos de Formación á porta. A cambio, estes Concellos comprométense a adoptar medidas para favorecer a captación de investimentos, como a redución da fiscalidade empresarial.

 

compartir

axenda