NovasIr a esta sección

O Delegado Territorial da Xunta visita o Polígono Industrial de A Cañiza
Data de publicación: 30 de xaneiro de 2019

acompañado polo Alcalde e o xefe territorial de Industria, Ignacio Rial, co obxectivo de comprobar as obras executadas neste parque para mellorar a súa competitividade.

Estes traballos, centrados na mellora das estradas principais deste parque, executáronse grazas a unha axuda aportada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria de 54.500€. Grazas a esta axuda o Concello executou a mellora de dous quilómetros e medio de pavimentado dos viais, que se atopaban cun nivel de deterioro severo debido ao tráfico intenso que circula por eles e ao paso do tempo dende a súa construción.

O concello da Cañiza conta con máis de 22 empresas instaladas nos dous parques empresariais ubicados neste municipio, con preto de 300 traballadores.

Grazas a estas axudas, a Xunta de Galicia colabora cos concellos de cara a dinamizar a competitividade destes parques empresariais e industriais, adecuando vellas infraestruturas e dotándoos de novos servizos. O obxectivo é mellorar non só a competitividade das firmas xa asentadas, senón tamén atraer a novas empresas, para o que, ademáis, a administración autonómica puxo en marcha o protocolo “Doing Business” en colaboración coa FEGAMP”.A través desta iniciativa, os concellos adheridos poden gozar de rebaixas fiscais que ofrecerán ás empresas que se instalen nos polígonos e terán preferencia nas convocatorias autonómicas destinadas a impulsar o emprego, a industria e o emprendemento cando se formulen en réxime de concorrencia competitiva.

 
 

 

compartir

axenda