NovasIr a esta sección

O Director Xeral de Carreteras do Estado compromete a mellora da estrada N-120 para este ano
Data de publicación: 17 de abril de 2018

Miguel Domínguez reuniuse o pasado martes 10 de abril co Director General de Carreteras do Estado, Jorge Urrecho, na sede do Ministerio de Fomento en Madrid para tratar entre outros asuntos, o proxecto de mellora da  Estrada N120 ao seu paso polo núcleo urbán de A Cañiza.

Un proxecto necesario debido a que as canalizacions de aguas actuais contan con máis de 50 anos e os materiais teñen mermadas as súas prestacións. Factor que produce fallos contínuos na rede ata o punto de ser nulos e que non cumpran cos índices de calidade esixidos pola normativa urbanística actual.

A execución deste proxecto contempla o cambio de todas as canalizacións e a separación de augas pluviais e fecais, a instalación de nova tubería de abastecemento, de canalización eléctrica, de alumeado público, de fibra óptica e de gas.

Un proxecto en definitiva para a mellora e embelecemento de esta vía tan importante para a Vila de A Cañiza.

O Director General de Carreteras, Jorge Urrechu, comprometeuse á licitación e contratación do proxecto durante este ano para que as obras a realizar poidan iniciarse o antes posible.

 

 

compartir

axenda