NovasIr a esta sección

O Xamón de A Cañiza presente en TUREXPO 2018
Data de publicación: 11 de xuño de 2018

Do 7 ao 10 de xuño o Concello da Cañiza participou con caseta propia en Festur, que se celebrou conxuntamente co salón de turismo Turexpo Galicia e de forma paralela á 41ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

O Xamón da Cañiza de novo presente no VIII Salón Turístico de Galicia TUREXPO celebrado do 7 ao 10 de xuño en Silleda

O Vicepresidente da Xunta de Galicia e Presidente da Fundación Semana Verde Alfonso Rueda inaugurou o pasado 7 de xuño a Feira de exposicións máis grande de Galicia, onde non podía faltar dentro do circuíto de Festas de Interese Turístico de Galicia o Concello da Cañiza coa súa Feira do Xamón.

Á nosa caseta ademais do Vicepresidente da Xunta de Galicia, achegouse Ana Pastor quen xunto coa Tte. Alcalde Ana Cerviño promocionaron o noso xamón e a Feira que se celebrará o próximo 15 de agosto na súa 52 edición.

 

Durante os catro días de celebración do certame centos de persoas achegáronse ata a caseta da Cañiza para coñecer máis a fondo a Feira do Xamón e poder saborear o mellor produto da gastronomía cañicense como así corroboraron os visitantes que nos acompañaron durante todas as xornadas e que non dubidaron en eloxiar a exquisitez e o especial sabor do Xamón da Cañiza.

O Alcalde Miguel Domínguez e a Tenente de Alcalde Ana Cerviño presentaron unha vez máis a única Feira gastronómica de Galicia que se dedica ao Xamón.

No mesmo acto tamén se ofreceu unha degustación do Xamón que os asistentes á Feira puideron saborear da man dun dos mellores profesionais do corte de Xamón, Víctor Burgos, organizador tamén do concurso de cortadores profesionais de Xamón que se celebra o 15 de agosto no recinto feiral e que se converteu nun dos principais reclamos deste evento gastronómico xa que para este ano, de novo, espérase a participación dos mellores profesionais españois.

Xunto co Concello de Ponteareas, Arnoia, Neda, Burela e Laxe, A Cañiza fixo promoción do seu turismo como unha das festas protagonistas de Galicia. Pola súa antigüidade, orixinalidade ou arraigamento popular estas festas destacaron ao longo do certame nunha atractiva zona expositiva con variadas degustacións. Como vén sendo habitual o Xamón levou a mellor parte e a maioría dos eloxios.

compartir

axenda