NovasIr a esta sección

O Xamón de A Cañiza preside en Cantabria o Concurso Nacional de Cortadores de Torrelavega
Data de publicación: 11 de outubro de 2018

Da man de Víctor Burgos, organizador do noso Concurso de Cortadores que se celebra no marco da Festa-Feira do Xamón do 15 de agosto, o noso cartel promocional da 52 edición,  estivo presidindo un dos máis importantes concursos de corte de xamón de España, 

 

 organizado neste mes de setembro na localidade cántabra de Torrelavega.

 

Nesta ocasión Víctor Burgos formaba parte do xurado encargado de decidir quen, de entre os 8 mellores “espadas de xamón” de España, era o mellor do gremio, valorando o tipo de corte, estilo, decoración e vestimenta. Organizado pola Asociación de Cortadores de Jamón de Cantabria,  sumaba puntos para o certame nacional.

O Concello, continuando coa súa labor de promoción do nosa riqueza gastronómica, estivo presente con material divulgativo da nosa Feira, do noso turismo e do noso Concello. Víctor Burgos aproveitou tamén a ocasión para converterse no noso mellor embaixador.

 

https://www.europapress.es/cantabria/noticia-primeros-espadas-corte-jamon-domingo-torrelavega-20170830154411.html

 

http://lalocuevas1.blogspot.com/2018/09/torrelavega_20.html

compartir

axenda