NovasIr a esta sección

O Parque Central xa dispón das porterías de fútbol e canchas de baloncesto que completan a zona deportiva
Data de publicación: 17 de decembro de 2020

O pasado 2 de decembro remataron as obras de colocación da varanda de seguridade. un total de 61 m.l. instalados no extremo oriental do Parque para evitar riscos de caída aos usuarios dende un muro de elevada altitude.

 

  • Estas actuacións completan a obra de construcción do Parque Central pero desenvolvéronse a parte do proxecto inicial, tendo que promoverse dende a Alcaldía de Luis Piña un novo expediente que incluíu a redacción dun proxecto modificado separado, a contratación da obra e a obtención do 100% da financiación.

 

  • Conta cunha subvención do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra de 12.145,56€ .

 

  • Con todo, o Parque permanecerá pechado mentres as medidas adoptadas pola crise sanitaria provocada pola COVID-19 sigan en vigor, medidas de aplicación en todos os parques infantís do Concello.

 

Ainda que o parque central ten que permanecer pechado un pouco máis, o Concello segue traballando para que a súa apertura conte con todas as medidas de seguridade posibles e coas mellores condicións de lecer e esparcemento.

 

Despois de que o Alcalde, Luis piña, requerira á empresa adxudicataria da obra a instalación de medidas de seguridade nun muro de sostén dun dos extremos do parque por ofrecer perigo de caída aos usuarios, a empresa colocou 61 m.l. de varanda perimetral na zona oriental do parque financiado ao 100% cunha nova subvención do Plan Concellos  2019 da Deputación de Pontevedera.

 

Nesta mesma subvención dotada con 12.145,56 € está incluida a colocación de porterías de fútbol e canchas de baloncesto na zona deportiva, xa que estes elementos básicos de xogo non estaban incluidos na obra inicial.  Esta semana quedaron rematados todos os traballos.

compartir

axenda