NovasIr a esta sección

Entramos no Curso de Formación de Cortadores de Xamón
Data de publicación: 11 de agosto de 2017

e tivemos a oportunidade de falar cos alumnos que destacan, sobre todo o aprendido, a técnica para aproveitar todo o xamón.

Curso de formación de cortadores de xamón. Concello de A Cañiza 2017.

Achegámonos ata a Casa de Cultura onde se está impartindo o IV curso de cortadores de xamón e tivemos a oportunidade de falar cos alumnos que destacan, sobre todo o aprendido, a técnica para aproveitar todo o xamón.

Durante esta semana, previa á Feira do Xamón do 15 de agosto, os participantes no curso recibiron unha clase teórica na Aula informática do CEMIT e moitas prácticas co coitelo ata deixar no oso o xamón que se levarán a casa cortado en liscos. A dirección do curso puxo tamén á disposición dos nosos alumnos unha envasadora para pechar ao vacío as racións.

 

Dirixido e impartido polo profesional Víctor Burgos, os alumnos tamén exercitaron a súa creatividade creando os pratos máis orixinais.

 

Ademáis poderán participar no IV Concurso de Cortadores de Xamón do 15 de agosto, no que xa está asegurada a participación dos mellores cortadores do País.

Todo un reto!!!

 

compartir

axenda