NovasIr a esta sección

Entrega dos premios do 3º sorteo da Campaña de Comercio 'Coa confianza de sempre, agasállate neste Nadal'.
Data de publicación: 18 de xaneiro de 2021

O Alcalde Luis Piña e a Presidenta da Asociación de Comerciantes, Sandra Fidalgo, acompañados de membros da Directiva e do Equipo de Goberno, entregan os premios do 3º sorteo da campaña 

E xa van 3.000,00 €uros repartidos dende que o pasado 15 de decembro comezara esta campaña de apoio ao noso pequeño comercio, baixo a garantía da confianza que ofrece o de sempre, o que está ao noso carón.

Os portadores dos números premiados no sorteo do pasado 15 de xaneiro de 2021, recolleron hoxe os seus vales (5 vales de 10 €uros cada un), que, tamén a partires de hoxe poderán canxear nos mesmos establecementos da Cañiza.

Noraboa a todos os premiados.

O vindeiro sorteo celebrarase o 30 de xaneiro de 2021.

compartir

axenda