NovasIr a esta sección

FALECE AMADOR RODRÍGUEZ TRONCOSO
Data de publicación: 04 de agosto de 2020

Un cañicense nacido no lugar de Guntín, en Oroso, pioneiro do mundo agrario. Foi o primeiro Axente da Extensión Agraria de Galicia e impulsor da creación de FEIRACO.

O Concello da Cañiza quere rendirlle, dende esta web, un sentido homenaxe e transmitir o pésame á súa familia.

O pasado 1 de agosto faleceu aos 98 anos de idade, Amador Rodríguez Troncoso en Negreira (A Coruña), onde  levaba vivindo máis de 5 décadas. Natural da aldea de Guntín, na parroquia de Oroso, era coñecido como un dos  8 “Fillos do Coroceiro Pequeño, Manuel Rodríguez” e de Dolores. Con precarios medios familiares, foi quen de sacar os estudios de dereito, pero deixou de lado a abogacía para traballar incansablemente ata formar parte da primeira Axencia de Extensión Agraria de España e foi o primeiro Axente da Extensión Agraria de Galicia. Destacou profesionalmente por ser un dos impulsores da cooperativa FEIRACO.

Impulsou tamén as primeiras concentracións parcelarias, as de San Xoán de Barcala e Santa María de Ordoeste. Cooperou na introducción das vacas frisonas nesa zona. 

Foi un auténtico valedor dos intereses dos agricultores e gandeiros de Xallas, Barcala e Amaía durante moitos anos e pioneiro na introducción de novas técnicas de cultivo e manexo do gando.

Foi tamén unha das autoridades galegas máis destacadas en cogumelos e quen puxo a andar a denominación específica “Mel de Galicia”.

Exemplo de loita incansable pola “modernización e o desenvolvemento agrario e gandeiro de Galiza no século XX” era un defensor incondicional dende o berce da lingua galega. Por algo foi membro do Seminario de Estudos Galegos.

Ainda que desenvolveu a meirande parte do seu traballo en Negueira e a súa comarca, nunha esquenceu os seus orixes e sempre que podía se achegaba ata A Cañiza onde tamén nos visitaba o seu irmao Manuel Rodríguez Troncoso, médico, escritor e pintor que polos seus recoñecidos méritos foi distinguido polo Concello da Cañiza co Título de Fillo Predilecto o 24 de agosto de 2014.

Dende este Concello, onde naceu Amador no ano 1922, nunha “Aldea Galega”, como diría o seu irmao Manuel, queremos facerlle este pequeño homenaxe a este home discreto e transmitir á súa familia o noso máis sentido pésame.

compartir

axenda