NovasIr a esta sección

Rematan as obras de recuperación do Lavadoiro e da Fonte da Igrexa en Oroso
Data de publicación: 28 de agosto de 2020

Cun investimento de 9.260,44 €, esta obra está subvencionada pola Deputación de Pontevedra para poñer en valor o noso patrimonio etnográfico.

REMATAN AS OBRAS DE REPARACIÓN DO LAVADOIRO E DA FONTE DA IGREXA EN OROSO CUN INVESTIMENTO DE 9.260,44€, SUBVENCIONADA CON 6.639.83€ POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DENTRO DO PLAN DE AXUDAS PARA REHABILITAR PATRIMONIO HISTÓRICO.

UN EXPEDIENTE RECUPERADO POLO ALCALDE LUIS PIÑA, PARA POÑER EN VALOR ESTES ELEMENTOS ETNOGRÁFICOS CON MÁIS DE 200 ANOS DE ANTIGÜEDADE, QUE QUEDOU SEN ADXUDICAR CO ANTERIOR GOBERNO .

 

As obras que xa remataron, iniciáronse o pasado 14 de xullo e tiñan por obxectivo recuperar o valor histórico – artístico do lavadoiro e da fonte. Arquitecturas sobre as que levan anos executándose obras inadecuadas co emprego de formigón para encubrir a pedra orixinal. Como se pode apreciar nas imaxes, recuperouse tamén con empedrado o emprazamento do lavadoiro.

 

Esta obra foi subvencionada xa no ano 2019 para rehabilitar o lavadoiro que durante décadas foi obxecto de diversas obras de reparación que acabaron desvirtuando a natureza do mesmo, restándolle valor e interese patrimonial e artístico.

 

A Deputación concedeu ao anterior Goberno unha axuda por un importe de 6.639,83 €uros. Sin embargo considerando que o expediente 531/2019 non se adxudicou,  declarouse a caducidade do mesmo, ordeando o seu arquivo.

 

O Alcalde, Luis Piña, para non perder a subvención e vista a necesidade de recuperar este elemento etnográfico do patrimonio do Concello, ordenou iniciar de novo o procedemento administrativo, que quedou resolto o 19/06/2020, previa solicitude de prórroga ante a Deputación Provincial. 

compartir

axenda