NovasIr a esta sección

GALA VIRTUAL DE DISFRACES ENTROIDO 2021 A CAÑIZA Xa está aquí O ENTROIDO 2021!
Data de publicación: 11 de febreiro de 2021

Nesta ocasión, e debido a pandemia na que estamos inmersos, o Concello da Cañiza propón unha alternativa nova e divertida para non deixar que o noso entroido cañicense quede sen unha celebración como se merece.

 

 

Non podemos caer no desánimo, e por este motivo dende o concello propoñémosvos esta gala virtual de disfraces para que poidades celebrar desde as vosas casas, este inusual entroido 2021, agardando que no vindeiro ano poidamos celebralo como sempre, todos xuntos polas rúas da Cañiza.

 

CONTIDO OU FUNCIONAMENTO DA GALA

 

A Gala de disfraces consistirá nun vídeo-show que poderedes ver todas as persoas, que se anunciará nas redes sociais oficiais do Concello.

 

Na gala haberá un espectáculo levado a cabo polo GRAN XURADO DO ENTROIDO 2021, un xurado moi peculiar, asegurando risas e unha visión persoal e particular da moda, segundo o compoñente do xurado do que se trate. Este particular xurado fará unha valoración dos disfraces e vídeos dos participantes da gala, poñendo especial atención en aqueles vídeos que sexan máis orixinais e máis divertidos.

 

NORMAS E INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR NA GALA

 

Para participar na gala haberá que enviar un vídeo de entre 10 e 15 segundos no que se poida ver os disfraces dos participantes na gala.

 

Os vídeos enviaranse a:

WhatsApp: 678 415 501

Correo electrónico: galavirtualacaniza21@gmail.com

A data límite para enviar os vídeos é o mércores 17 de febreiro as 13 h

Ao enviar o vídeo acéptase a participación e a difusión das imaxes que se nos envían unicamente para a GALA VIRTUAL DE DISFRACES

 

– ENTROIDO 2021.

Xunto co vídeo tedes que enviar tamén un pequeno texto co nome dos participantes e unha aceptación para a difusión das imaxes co fin arriba indicado. En caso de só saír nenos no vídeo, a aceptación ten que vir dada por un dos seus titores legais.

 

Exemplo: Neste vídeo participan Cristina e o seu fillo Manuel de 8 anos de idade. Eu Cristina Martínez Pérez con DNI: xxxxx acepto a difusión deste vídeo na Gala virtual de Disfraces do entroido 2021 da Cañiza.

compartir

axenda