NovasIr a esta sección

Hoxe arrancan as obras de rehabilitación do Lavadoiro de Igrexa en Oroso
Data de publicación: 14 de xullo de 2020

Cun investimento de 9.260,44 €uros, subvencionada con 6.639,83 €uros pola Deputación Provincial dentro do Plan de Axudas para rehabilitar o Patrimonio Histórico.

 

Un lavadoiro e fonte con máis de 200 anos de antigüedade.

 

Un expediente que recupera o Alcalde, Luis Piña, para poñer en valor este elemento etnográfico e que quedou sen adxudicar co anterior goberno do PP.

Esta obra foi subvencionada xa no ano 2019 para rehabilitar este lavadoiro que durante décadas foi obxecto de diversas obras que terminaron por desvirtuar completamente a natureza do mesmo, polo material utilizado para levar adiante as reparacións, restándolle tamén valor e interese patrimonial e artístico.

A Deputación concedeu ao anterior Goberno unha axuda por un importe de 6.639,83 €uros. Sin embargo considerando que o expediente 531/2019 non se adxudicara en tempo,  declarouse a caducidade do mesmo, ordeando o seu arquivo.

O Alcalde, Luis Piña, para non perder a subvención e vista a necesidade de recuperar este elemento etnográfico do patrimonio do Concello, ordena iniciar de novo o procedemento administrativo, que quedou resolto o 19/06/2020, previa solicitude de prórroga ante a Deputación Provincial.

As obras que comezan hoxe recuperarán o carácter orixinal e o valor histórico – artístico do lavadoiro da Igrexa en Oroso, arquitectura sobre a que levan anos executándose obras completamente inadecuadas no tocante aos materiais empregados, sobre todo formigón encubrindo a pedra orixinal. Tamén se recuperará o entorno do seu emprazamento.

 

compartir

axenda