NovasIr a esta sección

Hoxe inauguramos na Casa de Cultura da Cañiza unha exposición sobre Arados Antigos da man da Agrupación do Alto Deva
Data de publicación: 28 de decembro de 2020

 

  • A EXPOSICIÓN QUE CONTA CON ARADOS DE ATA FINS DE 1800, ASÍ COMO APEIROS  DE LABRANZA FEITOS NAS FORXAS CAÑICENSES, ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO DENDE  O 28 DE DECEMBRO  ATA O 15 DE XANEIRO DE 2021.

 

  • O ALCALDE LUIS PIÑA ACOMPAÑOU ESTA TARDE AO REPRESENTANTE DA AGRUPACIÓN, MANUEL ESTÉVEZ , NO PERCORRIDO POLA MOSTRA, ATENDENDO ÁS SÚAS EXPLICACIÓNS SOBRE ESTAS PEZAS ETNOGRÁFICAS.

 

A partires de hoxe pódese visitar esta mostra que acolle 7 grandes apeiros de labranza, dende o noso Carro tradicional, que converteuse no útil de transporte máis empregado no campo, tanto para usos agrícolas como para outros tipos de carrexos, como os distintos tipos de arados que se usaban nas nosas terras. O arado romano, a aravesa, o arado mosquito, o arado portugués e portugués pequeno, a grade de madeira e mixta son as pezas que se poden apreciar nesta exposición temática que tenta ser tamén pedagóxica para os nosos nen@s e moz@s.

 

 

 

 

 

compartir

axenda