NovasIr a esta sección

Hoxe presentamos o Belén de Nadal 2020
Data de publicación: 19 de decembro de 2020

O Alcalde acompaña a Marta Mariño, deseñadora do Belén neste acto

Este sábado presentouse o tradicional Belén de Nadal, deseñado e confeccionado pola nosa veciña Marta Mariño, quen, coa súa creatividade, leva ocupándose  dende hai anos da montaxe no Concello da Cañiza deste precioso Belén da súa propiedade.

Este ano o Belén está instalado na antesala do Salón de Plenos da Casa  do Concello, no segundo andar. A partires de hoxe  e ata despois de Reis, todos os que o desexen poden visitalo en horario de oficinas.

compartir

axenda