NovasIr a esta sección

II Talleres Preparando o NADAL en Familia
Data de publicación: 26 de outubro de 2017

O Alcalde, Miguel Domínguez e a Concelleira de Benestar Social, Ana Cerviño, presentaron este proxecto que ten como principal obxectivo gozar en familia, preparando e creando a decoración Navideña que lucirá o Concello neste Nadal.

 

Este proxecto creativo, organizado e dirixido desde a Concellería de Servizos Sociais e Cultura consta de varios talleres de manualidades nos que poderán participar toda a familia, sen límites de idade nin límite de prazas e ademais será totalmente gratuíto.

Está previsto que se desenvolva durante todos os domingos do mes de novembro en horario de tarde. A Casa de Cultura de A Cañiza será o lugar de impartición do curso.

Por segundo ano consecutivo o Concello de A Cañiza quere darlle un aire ecolóxico á súa decoración de Nadal e aínda que se manterán os xogos de luces tradicionais como en anos anteriores, preténdese innovar apostando por este proxecto que ademais ofrece a posibilidade de pasar catro agradables tardes en familia, achegando as ideas de nenos, novos, adultos e maiores que coas súas suxestións crearán un ambiente do Nadal máis entrañable.

As persoas interesadas poden anotarse na Biblioteca de A Cañiza ou tamén na dirección de correo electrónico info@caniza.org, 

pintando piñas

confeccionando frores de papel

creando motivos de Nadal

pintando madeira

 

compartir

axenda