NovasIr a esta sección

IV CURSO DE FORMACIÓN DE CORTADOR DE XAMON
Data de publicación: 26 de xuño de 2018

Do 16 ao 20 de xullo, Impartido pola Asociación de Cortadores de Xamón de Galicia da man de Víctor Burgos.

Os horarios serán de mañá ou tarde para poder conciliar a formación coa vida laboral ou familiar.

 

Folla de inscrición

 


O curso está orientado a todos os interesados en aprender este arte e oficio. Impartirase na Casa de Cultura de A Cañiza.


O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de xullo e as persoas interesadas poden inscribirse enviando o formulario ao e-mail info@caniza.org ou entregando o boletín de inscrición nas oficinas xerais da rúa Oriente. 


Terá un custo de 60 € e inclúe un xamón que pasará a ser propiedade do alumno, temario e diploma acreditativo.


Ademais os alumnos poderán participarán na Vª Edición de Cortadores de Xamón que se celebrará o 15 de agosto dentro dos actos de celebración da 52º Edición da Festa do Xamón. Nesta xornada poderán exhibir os coñecementos adquiridos durante a formación.

 

 

 

compartir

axenda