NovasIr a esta sección

Xornada Informativa sobre AXUDAS E SERVIZOS PARA AS PEMES GALEGAS
Data de publicación: 04 de abril de 2019

O Salón de Plenos de A Cañiza acolleu o encontro con empresarios da zona que contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Como Concello emprendedor, A Cañiza favorece a simplificación administrativa, as bonificacións fiscais e o acceso ao chan industrial.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo o mércores, 3 de abril na Cañiza un encontro con empresarios e autónomos do Condado e da Paradanta, no que puido tanto escoitar de primeira man as súas propostas como presentarlles as diferentes liñas de axuda xa convocadas para impulsar a competitividade empresarial e a creación de emprego e que suman máis de 107 millóns de euros.

Así, entre estes programas atópanse convocatorias centradas na incorporación de novas tecnoloxías, o fomento do emprendemento e a atención aos autónomos, así como o impulso ao emprego.

O conselleiro destacou a importancia de que as empresas traballen no ámbito da simplificación administrativa e tamén para ofrecer máis facilidades no acceso ao chan industrial e máis incentivos fiscais. Neste sentido, agradeceu o papel dos Concellos Emprendedores, un total de 121 na Comunidade dos que 18 están na provincia de Pontevedra, como A Cañiza, Arbo, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, pertencentes á Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta.

A Xunta informou neste encontro dos programas de apoios que pretenden impulsar a xeración de emprego e o emprendemento, como é o caso de Galicia Emprega, que permitirá a contratación de 1100 mulleres, parados de longa duración, novas e persoas con capacidades diferentes; ou o Plan de Financiamento 2019 ao que se destinarán 100 M€ para chegar a 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes.

compartir

axenda