NovasIr a esta sección

Xogadores e Directiva do Clube de Fútbol Cañiza foron recibidos polo Alcalde para celebrar o seu ascenso a Segunda Galicia
Data de publicación: 03 de agosto de 2020

O Concello cambiará a cuberta dos vestiarios e a iluminación do Campo de Fútbol do Vieiro onde entrena e xoga a clube.

 

O pasado venres o Alcalde, Luis Piña, acompañado da 1ª Teniente de Alcalde, Mª José González,  recibiron ao Equipo de Fútbol Cañiza, xogadores e directiva, no Salón de Plenos da Casa Consistorial para celebrar o ascenso do CF Cañiza a Segunda Galicia. O Alcalde felicitou a todos os compoñentes do equipo polo logro acadado e fíxo entrega dun obsequio ao presidente do Clube Carlos Mera, quen tamén quiso facer un xesto ao Concello ao entregarlle ao Alcalde a insignia do clube.

A implicación do Goberno Municipal co deporte e cos nosos deportistas manifestase no apoio constante que todos os clubes reciben do consistorio, coa concesión de subvencións para actividades, coa achega de documentación informando sobre  subvencións doutras administracións e co mantemento e reparación das instalacións deportivas.

Nesta liña o Alcalde ven de resolver as subvencións a clubes deportivos da Vila coa concesión das axudas para o fomento destas actividades. No caso do CF Cañiza correspondeulle a cantidade de 2.500€uros.

Ademáis o Alcalde incluiu dentro do Plan Concellos para este 2020 o cambio integral da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol do Vieiro, onde entrena e xoga o Clube Cañiza por un importe de 18.200 €. Unha obra de urxente actuación para eliminar o amianto do tellado que pola súa antigüedade e mala conservación, provoca condensación de aire, humidades e filtracións entre outros problemas.

Tamén dende o Concello se está traballando para sustituir o 100% das luminarias do campo do Vieiro por iluminación LED dentro dun programa da Deputación. 

compartir

axenda