NovasIr a esta sección

@s alumn@s de 3º de Primaria do CPI visitan o Concello para coñecer o funcionamento da Institución
Data de publicación: 09 de outubro de 2018

Este luns, os alumn@s de 3º de primaria do Centro Público Integrado de A Cañiza, acompañados polos seus profesores, visitaron a Casa Consistorial de A Cañiza.

Os estudiantes foron recibidos polo Alcalde, Miguel Domínguez que despois de explicarlle brevemente o funcionamento do Concello e dar conta dos servizos que ofrece, invitou aos rapaces a coñecer todas as dependencias e lles explicou o funcionamento dos órganos de goberno municipais.

A visita comezou no Salón de Plenos do Concello onde os máis atrevidos foron quén de simular o desenvolvemento dunha Sesión Plenaria. Dirixidos por Miguel Domínguez os alumnos debateron sobre a importancia de traer deberes ou non para a casa así como da idoneidade de construir un parque acuático na Carballeira ou na Praza Maior. As opinións non foron unánimes nalgúns casos.

A visita rematou  na planta baixa do Concello, a parte máis antiga de toda a edificación e que data do ano 1851. Nestas dependencias os rapaces coñeceron de primeira más as celdas da antigua cárcel do Distrito que aínda se conservan, pero con modificacións. Tamén visitaron as dependencias de servizos sociais, do almacén solidario de alimentos e por último da policía local que coma sempre acabou facendo sonar as sirenas do vehículo oficial.

O Concello de A Cañiza quere agradecer ao Centro escolar por esta iniciativa que, dalgún xeito, tamén permite achegar os Concellos aos nosos pequenos e dar visibilidade ao noso traballo.

compartir

axenda