NovasIr a esta sección

@s Nen@s do CPI de A Cañiza recaudan máis de 1000 kilos de alimentos
Data de publicación: 02 de marzo de 2018

Grazas á iniciativa liderada pola directiva e os profesores do Centro Escolar que organizaron o pasado 30 de xaneiro a II carreira Solidaria do Día da Paz.

Esta iniciativa conseguiu involucrar ás familias, nenos e nenas, profesores e ao Concello nunha actividade solidaria e desinteresada para acadar alimentos con destino ao Almacén Solidario Municipal de Alimentos de A Cañiza. Os pequenos voluntariamente podían participar nunha carreira con cantas voltas puideran percorrer ata un máximo de 5. Por cada volta tiñan que doar un producto de alimentación, limpeza ou hixiene persoal.

A vontade de todos os participantes fixo posible que se recadasen máis de 1000 kilos de productos. Por todo isto dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de A Cañiza se quere dar as grazas a todas ás familias e alumnado e en especial á xunta directiva do CPI e a todo o profesorado. Unha vez máis conseguimos entre todos fomentar a solidariedade e o traballo en equipo.

 O Almacén Solidario Municipal de Alimentos de A Cañiza entrou en funcionamento tras ser aprobado polo pleno celebrado o 21 de decembro de 2012 e está xestionado polos servizos sociais municipais que é quen tramita as altas e baixas así como a distribución dos lotes de alimentos ás familias, facilita e acondiciona os espazos onde se sitúa o almacén de alimentos e vixía o cumprimento das normas hixiénico- sanitarias.

Ademáis co obxecto de regular  todos estes aspectos, destacando os requisitos dos beneficiarios así como a documentación que han de achegar ou regular os criterios de distribución, o Pleno do Concello, na sesión do 21 de decembro de 2012, aprobou o Regulamento de funcionamento do almacén publicado no BOP do día 9 de xaneiro de 2.013.

 

compartir

axenda