NovasIr a esta sección

@s Nen@s do CPI de A Cañiza recaudan tonelada e media de alimentos
Data de publicación: 14 de febreiro de 2019

Con destino ao Almacén Solidario do Concello de A Cañiza.

Grazas á iniciativa desenvolvida polos profesores do Centro Escolar,  liderados e coordinados polos dous profesores de Educación Física de Infantil e Primaria que organizaron o pasado 30 de xaneiro a III carreira Solidaria do Día da Paz.

Os pequenos conseguiron recaudar media tonelada máis que en 2018.

 

Esta iniciativa conseguiu involucrar ás familias, nenos e nenas, profesores e ao Concello nunha actividade solidaria e desinteresada para acadar alimentos con destino ao Almacén Solidario Municipal de Alimentos de A Cañiza. Os pequenos voluntariamente podían participar nunha carreira con cantas voltas puideran percorrer ata un máximo de 5. Por cada volta tiñan que doar un producto de alimentación, limpeza ou hixiene persoal.

A vontade de todos os participantes fixo posible que se recadasen máis de 1500 kilos de productos, media tonelada máis que en 2018. Por todo isto dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de A Cañiza se quere dar as grazas a todas ás familias e alumnado e en especial ao profesorado do CPI de A Cañiza e aos dous profesores de Educación Física de Infantil e Primaria do Centro. Unha vez máis conseguimos entre todos fomentar a solidariedade e o traballo en equipo.

 O Almacén Solidario Municipal de Alimentos de A Cañiza entrou en funcionamento tras ser aprobado polo pleno celebrado o 21 de decembro de 2012 e está xestionado polos servizos sociais municipais que é quen tramita as altas e baixas así como a distribución dos lotes de alimentos ás familias, facilita e acondiciona os espazos onde se sitúa o almacén de alimentos e vixía o cumprimento das normas hixiénico- sanitarias.

Ademáis co obxecto de regular o funcionamento do Almacén ( requisitos dos beneficiarios,  achega de documentación  e establecemento dos criterios de distribución) o Pleno do Concello, na sesión do 21 de decembro de 2012, aprobou o Regulamento de funcionamento do almacén publicado no BOP do día 9 de xaneiro de 2.013.

compartir

axenda