NovasIr a esta sección

A Alcaldía resolve a concesión de subvencións a Asociacións e Clubes para o fomento das actividades culturais e deportivas para 2020
Data de publicación: 31 de xullo de 2020

CUMPRE COS PRAZOS ADMINISTRATIVOS E COS ACORDOS ACADADOS COAS ENTIDADES, COMO É O CASO DO CLUBE BALONMAN CAÑIZA.

ADEMÁIS DAS AXUDAS DO CONCELLO, 12.000€ REPARTIDOS EN DÚAS ACHEGAS DE 6.000€ CADA UNHA, A ALCALDÍA CONSIGUE PARA O CLUBE BALONMÁN CAÑIZA  3.000€ DE FINANCIACIÓN DE EMPRESAS PRIVADAS, TAL E COMO SE HABÍA COMPROMETIDO NA ÚLTIMA REUNION DO 30 DE MAIO.

Coa concesión destas subvencións, dende a Alcaldía se cumple rigurosamente co acordado con todas as asociacións, de conceder en tempo e forma as axudas, agradecendo tamén a importante labor que desenvolven todas as nosas entidades. Sobre todo por levar o nome da Cañiza alá donde son chamados, donde actúan ou compiten.

Durante o período de presentación de solicitudes, aberto o 1 de xuño coa publicación no  BOPPO nº 103, ata o 30 de xuño en que rematou o prazo, presentáronse un total de 16 solicitudes.

Para poder ser beneficiario destas subvencións, as entidades tiñan necesariamente que cumprir cos requisitos recollidos nas ordenanzas municipais e a Lei de subvencións. Neste caso os beneficiarios son as asociacións  culturais ou clubes deportivos que teñan por obxecto o fomento e a promoción de actividades dentro destos ámbitos para o ano 2020. Ademáis de estar inscritos no Rexistro provincial correspondente, as entidades tiñan que presentar memoria de actividades, orzamentos, acreditación da financiación, non ter ningún expediente sancionador aberto que lles impida poder acceder a este tipo de subvencións, presentar facturas, así como todos os documentos que acrediten a súa titularidade.

compartir

axenda