NovasIr a esta sección

A Brigada de Obras e Servizos do Concello limpa o Regueiro da Cañiza
Data de publicación: 14 de agosto de 2020

Por primeira vez o Concello pide autorización á Confederación H. Miño Sil para desenvolver estos traballos, obtendo autorización para a limpeza así como o informe favorable do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A BRIGADA LIMPA DE VEXETACIÓN E LODOS O TRAMO A CEO ABERTO DA CANLE DO REGUEIRO DA CAÑIZA

UNHA ACTUACIÓN MEDIOAMBIENTAL PARA A QUE, POR PRIMEIRA VEZ, SE PIDE PERMISO ANTE A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO SIL E INFORME VINCULANTE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA.

TAMÉN POR PRIMEIRA VEZ SE ADECENTA E LIMPA DIRECTAMENTE CON MEDIOS PROPIOS, SEN RECURRIR A EMPRESA PRIVADA. O ALCALDE, LUIS PIÑA, ANUNCIA QUE ASÍ SE SEGUIRÁ FACENDO NO FUTURO EN LÍNEA COA SÚA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DO GASTO.

O CONCELLO TAMÉN SOLICITARÁ AUTORIZACIÓN PARA REFORMAR A REIXA VALORANDO A POSIBILIDADE DE SUSTITUILA POR UN DIQUE MÓVIL.

 
O Concello da Cañiza iniciou esta semana os traballos de limpeza do Regueiro, situado dentro da zona urbana, consistentes na retirada de vexetación e succión co vehículo motobomba municipal dos sedimentos acumulados na reixa de separación da canle.
 
Esta limpeza está considerada de interese público para todas as administracións. O Concello adoptou en todo momento as recomendacións da Consellería de Medio Ambiente no referente á execución dos traballos e planificou o desenvolvemento da limpeza para este verán. No período comprendido entre decembro e febreiro é cando desovan as crías das especies da fauna acuática.Prestouse especial atención en non actuar na vexetación invasora para non contaminar augas abaixo.
compartir

axenda