NovasIr a esta sección

A piscina climatizada inicia a tempada 2018/2019 e o ximnasio se prepara para ofrecer máis amplas instalacións
Data de publicación: 03 de outubro de 2018

Finalizada a tempada deportiva estival, a piscina climatizada e o ximnasio abren o novo curso 2018/2019 ofertando 115 clases semanais, en horario de mañá e tarde, de luns a venres.

A piscina climatizada de A Cañiza abre as súas instalacións con novos cursos onde xa están planificadas 71 clases semanais, en horarios de mañá e tarde, ademais das entradas libres para baño e natación.

A piques de rematar as obras de mellora do Ximnasio, os profesionais desta instalación xa teñen completada a oferta deportiva para este novo curso. Un total de 44 clases semanais de luns a venres nas que se impartirán pilates, body tonic, aeróbic step, crossfit, taekwondo, kung fu, full-contact e defensa persoal. Ademáis de poder disfrutar das salas de cardio e musculación e das dúas pistas de squash.

A piscina cuberta ofrece numerosas prestacións como os cursos de natación nas categorías de iniciación, nivel medio e perfeccionamento para adultos, nenos a partir de 3 anos e para bebés. A estes cursos súmanse os de natación escolar, salvamento deportivo, primeiros auxilios e natación terapéutica, modalidade  moi solicitada polas asociacións veciñais e da terceira idade. Á piscina tamén se pode acceder para baño libre. Para este tipo de usuarios están a disposición, ademais das entradas libres por un día, os bonos desconto.

Por outra banda, as obras de ampliación do ximnasio estiveron motivadas polo aumento de usuarios que provocou que a superficie dedicada a sala de máquinas de musculación e cardio resultara insuficiente para acoller toda a demanda actual, resultando complicado entrenar ao interferir uns usuarios nos entrenamentos dos outros. Por este motivo e pola saturación de máquinas, o Concello, en consonancia co seu compromiso co deporte como unha forma de fomentar as relacións entre os nosos veciños, decidiu iniciar o novo curso 2018/2019 cunha instalación completamente renovada.

Os obras de ampliación que rematarán en breve, ofrecerán un amplo espazo de entrenamento que ocupará a totalidade da superficie útil do primeiro andar, dotando tamén á zona de musculación cun novo pavimento amortecedor. O actual vestiario feminino que se traslada á planta baixa, xunto coa oficina, trasteiro e vestíbulo foron demolidos para conseguir maior espazo. Na planta baixa únicamente se remodelan os aseos principais para incorporar os vestiarios femininos.

compartir

axenda