NovasIr a esta sección

Luis Piña fai público o Acordo acadado hoxe coas traballadoras do Servizo Municipal de Axuda no Fogar
Data de publicación: 10 de xullo de 2020

Despois de varias negociacións para conseguir melloras e recoñecemento de dereitos como empregadas do Concello.

O ALCALDE CUMPLE ASÍ CO COMPROMISO ADQUIRIDO COAS EMPREGADAS DESTE SERVIZO MUNICIPAL RESPECTANDO OS SEUS DEREITOS LABORAIS, QUE SEGUNDO MANIFESTA LUIS PIÑA REPERCUTIRÁ NA MELLORA DA CALIDADE DO SERVIZO PRESTADO.

 

Coa sinatura deste acordo ratifícanse todas as negociacións que ata o momento se mantiveron entre o Alcalde e as representantes do Servizo de Axuda ao Fogar.

Un dos temas máis destacados, tratado nestas negociacións, foi o da externalización do Servizo a través de empresa. Recurso que quedou descartado xa que para o Concello  suporía un coste maior. Como mínimo 18€/hora, cando actualmente lle costa ao  Concello 14,65 €/h dos que a Xunta asume o pago de  9,73€/h, considerando que se trata dunha competencia autonómica.

Ademáis na reunión de hoxe se adoptaron os seguintes acordos:

 

  • A inclusión na vindeira RPT da categoría de auxiliar de fogar cun salario bruto de referencia mensual a xornada completa (37,5 h. co seu descanso diario segundo convenio) para o ano 2019 de 1151,70 € mensuais.
  • Incorporación das condicións particulares das auxiliares do servizo de fogar no vindeiro convenio colectivo do persoal laboral do Concello da Cañiza.
  • O establecemento dun criterio único para o cobro da quilometraxe, dende a sede de Asuntos Sociais do Concello , con efectos dende o 1º de marzo de 2020.
  • A procura dun sistema de rotación de todas as traballadoras para o traballo en domingos e festivos, que dará comezo antes do verán de 2020.
  • A creación dun plus de domingos e festivos polo importe de: 19,46 € día no ano 2020, con efectos dende o primeiro de xaneiro de 2020. Os festivos especiais, 25 de decembro e o 1 de xaneiro pagarase un complemento de 34,75 € día.
  • O establecemento dende o veran de 2020 dun criterio de reparto de traballo equitativo de xornada entre todas as traballadoras contratadas no servizo, tendo como obxectivo unha xornada mínima de 25 horas semanais, tratando sempre o concello de chegar a ela, sempre que haxa servizos a usuarios pendentes de adxudicación dentro das horas concedidas pola Xunta e de partida orzamentaria do Concello destinada o SAF.
  • O establecemento dun procedemento de notificación e seguimento de incidencias no servizo.
  • A negociación antes do remate do ano 2020 dun protocolo de acoso laboral e sexual especifico para este servizo.- A negociación antes do remate do ano 2020, dun plan de prevención de riscos especifico para este servizo.
compartir

axenda