NovasIr a esta sección

Master Class de corte de xamón e cata de viño. 14 de agosto
Data de publicación: 11 de agosto de 2017

O luns, 14 de agosto a partires das 19h00 na rúa Oriente, fronte á Casa Consistorial.

Impartido polos profesionais Víctor Burgos e Juan Arjones. 

É preciso inscribirse media hora antes do inicio do curso.

51 FEIRA DO XAMÓN DA CAÑIZA.
 
MASTER CLASS DE CORTE DE XAMÓN E CATA DE VIÑOS
 
 
O luns 14 de agosto, a partires das 19h00, na rúa oriente da Vila o Concello organiza a IV  exhibición de corte de xamón e  cata de viños impartida polos profesionais Víctor Burgos e Juan Gil Arjones. O  primeiro, experto cortador de xamón responsable da dirección do afamado Concurso de cortadores que se celebra paralelo á xornada gastronómica do 15 de agosto, será o responsable da parte culinaria e  Juan Gil Arjones,  adegueiro e viticultor da Adega As Furnias, encargarase de impartir o curso de cata de viño.
 
 
Nesta xornada os dous expertos crearán unha exquisita sinerxia entre xamón da Cañiza e viños brancos e tintos das adegas da zona.
 
A exhibición está aberta a todos os veciños e visitantes que queiran compartir esta xornada connosco e por suposto será gratuíta, pero terán que inscribirse previamente.
 
Da man de Víctor Burgos coñeceremos o bo corte do xamón, descubriremos os trucos para lograr os mellores liscos e aproveitar ao máximo o produto e daranos unha lección máster de cales son os requisitos que se lle esixen aos mellores cortadores de xamón. Como broche de ouro elaborará varios pratos artísticos co mellor produto destas altas terras da Cañiza: o xamón.
 
 
Pola súa banda Juan Gil Arjones penetraranos nos segredos da cata de viño e tentará facernos comprender e descubrir os viños e variedades da nosa zona e como podemos maridarlos co xamón.  Ademais nos aleccionará sobre qué viño elixir para acompañar ao xamón nas súas distintas variedades culinarias.
 
Convidámosvos a todos a compartir connosco esta xornada culinaria na que aprenderemos e saborearemos o mellor da nosa terra.
 
Achégate!!!
 
compartir

axenda