NovasIr a esta sección

Melloras na Escola Infantil Municipal de 0-3 anos
Data de publicación: 29 de xaneiro de 2018

 O Concello de A Cañiza ven de executar importantes melloras nas infraestruturas desta instalación municipal así como de dotar á Escola de novo equipamento lúdico coas axudas da XUNTA DE GALICIA.

 

Ainda que a EIM de A Cañiza é unha instalación de recente construcción, o Concello tivo que executar nos dous últimos anos importantes obras nas infraestruturas coas axudas da Xunta de Galicia, ao detectarse necesidades de mellora, como a instalación de pavimento amortecedor nas aulas de 1 a 2 anos, de 2 a 3 anos e no comedor e pasillos, necesario ante o feito de que algúns dos nenos aínda gatean, polo que con este novo chan reducíronse os posibles danos causados por pequenas caídas. Na actualidade a Escola conta con pavimento Tapiflex  nunha superficie total de 400 m2.

Ademais tamén se levou a cabo a instalación dunha drenaxe perimetral e a mellora do illamento, co obxectivo de evitar os problemas de condensación nas paredes que estaban a provocar a aparición de humidades. Deste xeito, instaláronse pranchas de poliestireno extruído de 30 mm de espesor na parte baixa do edificio. A drenaxe executouse ao redor de todo o perímetro do edificio e neste último ano se pintaron todas as zonas docentes.

Tamén se dotou á escola de novo equipamento por desgaste do anterior e novos medios como equipos audiovisuais e novos xoguetes que se renovaron na súa totalidade. Máis de 48.000 euros que fixeron posible que se melloraran unhas instalacións nas que, na actualidade, están a ser atendidos 62 nenos en catro aulas, o que redunda favorablemente no desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe e na mellora da súa efectividade. 

A Escola Infantil de A Cañiza  entrou en funcionamento o 15 de novembro de 2010. Foi inaugurada polo Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo o 18 de xaneiro de 2011, sendo todavía Alcalde de A Cañiza César Mera Rodríguez.

A obra contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia que aportou máis de 424.000 €uros. O Concello de A Cañiza destinou dos fondos municipais un total de 174.532,42 €. Cerca de 600.000 €uros que fixeron posible que A Cañiza poidera contar cunha das mellores escolas infantís da Comarca.  

Un total de 481,30 m2 de superficie construida útil distribuidos en zona docente con 4 aulas para bebés, nenos de ata un, dous e tres anos de idade e un patio interior cuberto de xogos e distribuidor de espazos. Zona administrativa para reunións, sala de profesores, dirección e aseos. Zona de servizos para comedor, cociña, almacéns e control de entrada con área de espera e zona de carros e o área exterior acondicionado para xogos  e esparcemento ao aire libre.

Para a reserva de praza é necesario presentar a solicitude nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello

compartir

axenda