NovasIr a esta sección

Miguel Domínguez presenta os proxectos dinamizadores do sector xamoneiro
Data de publicación: 12 de agosto de 2016

Estivo acompañado polo Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Angel Pérez Dubois, quen cualificou todas as iniciativas como importantes revulsivos para mellorar  a calidade da empresa xamoneira en A Cañiza.

 
 
 
A presentación tivo lugar ás 20h no Salón do Plenos do Concello e tamén contou coas intervencións do enxeñeiro técnico Lucas García Vázquez, redactor do anteproxecto e do enxeñeiro forestal Francisco González Taboas, técnico asesor das IGP.
 
 
O Alcalde de A Cañiza presentou o proxecto de acondicionamento do edificio do antigo matadoiro municipal para reconvertelo nun secadero municipal de xamóns. Este importante proxecto permitirá ademais garantir que todo o xamón que se consuma en A Cañiza teña garantido tempo de curación neste municipio que posúe un microclima especial, frío e seco á vez, que xunto coa temperatura e a altitude adecuada permiten que nestas terras déanse as condicións idóneas para que se curen os mellores xamóns. 
 
Nos últimos anos, o Concello traballou nesta dirección e para iso a primeira actuación conseguida foi a de rexistrar a marca XAMÓN DA CAÑIZA ante o organismo público OEPM, Oficina Española de Patente e Marcas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, responsable da concesión e rexistro das modalidades de propiedade industrial.
 
Unha vez conseguida a concesión, está en proceso de redacción a ordenanza municipal que regulará os usos da marca Xamón de A Cañiza. E para pechar este proceso solicitarase a concesión da IGP, Indicación Xeográfica Protexida Xamón de A Cañiza, signo que será utilizado para designar que o Xamón de A Cañiza posúe unha calidade e reputación especial debido ao seu lugar de orixe. Outros produtos con IGP son Tenreira Galega, Pan de Cea, Castaña de Galicia e tortas de Santiago, entre outros, que contribúen a enxalzar a calidade dos produtos alimenticios galegos. En neste mesmo rexistro estará o Xamón de A Cañiza.
 
Precisamente para garantir que todo o xamón que se vende no municipio sexa curado finalmente nestas terras que polo seu microclima achega ao xamón, no proceso final de curación, as características organolépticas que o distinguen doutros xamóns, o Alcalde  presentou esta iniciativa e o anteproxecto a todos os empresarios do ramo xamoneiro así como aos hostaleiros e restauradores da  Vila, que apoiaron a idea desde o principio. 
 
Unha vez aprobado o anteproxecto, redactarase o proxecto definitivo e tentarase buscar o financiamento necesario para a execución das obras. A principal vía de financiamento será a través do programa europeo de xestión de fondos LEADER 2016-2020 que se poñerá en marcha a finais de 2016. O Concello  presentará este plan estratéxico como o máis importante do municipio.
 
 
 
 
compartir

axenda