NovasIr a esta sección

Pais e fillos divírtense cos obradoiros de Nadal que comezaron este 5 de novembro
Data de publicación: 06 de novembro de 2017

Un programa de entretemento para toda a familia onde pais e nen@s gozan confeccionado decoracións do Nadal con materiais cotiáns como pinzas, cortizas, lazos, piñas... elementos que serven de base para decorar e cun pouco de imaxinación converter nun orixinal adorno .

O Concello da Cañiza pon en marcha o Programa "Preparando o Nadal en familia"
 
Este domingo 5 de novembro o Concello da Cañiza iniciou os talleres de manualidades de Nadal. Un programa de entretemento para toda a familia onde pais e nen@s divírtense confeccionado decoracións do Nadal con materiais cotiáns como pinzas, cortizas, lazos, piñas... elementos que serven de base para decorar e cun pouco de imaxinación converter nun orixinal adorno do Nadal.
 
Este foi o primeiro dos catro talleres previstos para os domingos deste mes de novembro. Todas as familias que estén interesadas en participar só teñen que acudir á planta alta da Casa de Cultura de 17h00 a 19h00 con ganas de pasalo ben.
 
No próximo taller ademais de seguir fabricando decoracións propias, empezaranse a deseñar as adornos que lucirán as instalacións municipais neste Nadal.
 
Este proxecto creativo, organizado e dirixido desde a Concellería de Servizos Sociais e Cultura consta de varios talleres de manualidades nos que poderán participar toda a familia, sen límites de idade nin límite de prazas e ademais será totalmente gratuíto. 
 
Por segundo ano consecutivo, o Concello da Cañiza quere darlle un aire ecolóxico á súa decoración de Nadal e aínda que se manterán os xogos de luces tradicionais como en anos anteriores, preténdese innovar apostando por este proxecto que ademais ofrece a posibilidade de pasar catro agradables tardes en familia, achegando as ideas de nenos, novos, adultos e maiores que coas súas suxestións crearán un ambiente do Nadal máis entrañable.
 

 

 

compartir

axenda