NovasIr a esta sección

Presentación do I Trofeo BTT XCO Grupetta Pan de Zarko - Concello de A Cañiza
Data de publicación: 02 de abril de 2018

Data: 7 de abril de 2018

Miguel Domínguez presentou o pasado 29 de marzo este evento deportivo acompañado de Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, membros do clube organizador Grupetta Pan de Zarko e Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006, en calidade de padriño deste evento. 

 

Presentación do I Trofeo BTT XCO Grupetta Pan de Zarko-Concello de A Cañiza


 

O calendario galego de Cross Country Olímpico (XCO) estreará unha cita o vindeiro 7 de abril. Na localidade pontevedresa da Cañiza celebrarase a primeira edición do Trofeo BTT XCO Grupeta Pan de Zarko - Concello da Cañiza. Esta proba será a terceira puntuable para o Trofeo Federación XCO, despois das disputadas en Baños de Molgas e en Montefaro (Ares).

O acto de presentación celebrado este xoves no Concello da Cañiza estivo presidido polo alcalde Miguel Domínguez. Nel tamén participaron Carlos Rincón, concelleiro de Deportes; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; membros do clube organizador Grupetta Pan de Zarko; e Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006, en calidade de padriño deste evento. 

As preinscricións xa están abertas facendo click aquí. 

 

compartir

axenda