NovasIr a esta sección

O Concello inicia as obras de mellora dos camiños en Luneda, Parada e Franqueira
Data de publicación: 07 de novembro de 2020

As obras se iniciaron esta semana financiadas pola Deputación de Pontevedra con 41.837,42 €.

Enmarcadas no Plan Concellos 2018/2019, contratadas polo anterior Alcalde, non poideron executarse ata agora por ter que modificarse todo o proxecto, xa que revisados co contratista os tramos e obras proxectadas constatouse que eran inviables.

 

O Alcalde visitou esta semana estas obras integradas no Plan Concellos da Deputación 2018/2019 que consisten na mellora de cinco camiños municipais. Un pequeno tramo na parroquia da Franqueira, paralela a recta de acceso ao Santuario, que verá mellorada a capa de rodadura coa pavimentación con rego semiprofundo e doble tratamento superficial.  Unha segunda parte en tres camiños da parroquia de Luneda que abarca os viais de O Cotiño a Eirina e de Cotiño a Carreira que mellorarán o firme coa pavimentación de 10cm de formigón  máis 5 cm de M.B.C. e  no camiño de Vilariño que contempla a pavimentación con rego semiprofundo e dobre tratamento superficial. O quinto camiño é o de Ferredo na parroquia de Parada. Neste vial  o firme será tratado nun tramo con  pavimentación en 10 cm de formigón HA-25 con mallazo 15*15*6 e noutro tramo coa pavimentación de 5 cm de M.B.C. AC 16.

O Plan está adecuado a tratar as necesidades reais de cada vial, tendo en conta as súas características e o tipo de pavimentación máis axeitado para cada tramo, co obxectivo de garantir a súa resistencia e durabilidade. 

UN PROXECTO PLANIFICADO POLO ANTERIOR ALCALDE SOBRE UNHA BASE INVIABLE QUE OBRIGA AO NOVO GOBERNO A REDACTAR UN MODIFICADO E INICIAR UN NOVO EXPEDIENTE.

Esta plan de camiños, redactado en outubro de 2018, proxéctase e contrátase no anterior mandato cunha base inviable. Así se determinou cando o actual Alcalde require á empresa adxudicataria para que inicie as obras xa que levaba un retraso considerable.

É nese momento cando o rexedor, acompañado de persoal do Concello, do redactor do proxecto e do contratista estudian e revisan in situ todas as obras e se detectan serias irregularidades:

  1. Unha das máis graves é a que atinxe á zona da Franqueira xa que estaban contemplados a mellora de dous camiños, cando un xa estaba executado dentro do Convenio asinado con Turismo da Xunta de Galicia.  Ademáis no outro vial non se contemplaba  a pavimentación con rego semiprofundo, nin a apertura da caixa e cunetas, nin a base de macadan, polo que a pavimentación con dobre tratamento superficial iría sobre terra.

 

  1. Outra das irregularidades que fixeron necesaria a modificación do proxecto foi o tratamento que lle daban ao camiño de Vilariño en Luneda. Un total de 690 m.l. de vial que solo se vería mellorado con pavimentación con dobre tratamento superficial. Tampouco neste camiño se recollía a apertura da caixa, base de macadan e rego semiprofundo. A obra inicial era un guiño aos veciños cun importe de 3.676,89€. O modificado eleva a obra a 8.061,84€ pero cunha execución totalmente adecuada.

 

Todas estas circunstancias fan que o Alcalde Luis Piña decida modificar o proxecto e encarga unha nova redacción que se entrega en xullo de 2020 . Tamén ten que iniciar un novo expediente administrativo, solicitar autorización á Deputación de Pontevedra que é a que financia a obra e solicitar todos os informes sectoriais tanto a Patrimonio da Xunta de Galicia como a propia Deputación para que emitan os informes favorables á execución dos traballos. Nese momento contrátase novamente a obra e adxudícase á empresa que iniciou as obras este luns, 3 de novembro.

O Coste das obras desagréganse nos seguintes epígrafes:

Coste execución camiño Franqueira: 3.099,38 €uros

Coste execución camino Cotiño –Carreira (Luneda): 1.549,95 €

Coste execución camino Cotiño – Eiriña (Luneda): 5.041,77€

Coste execución camiño Vilariño (LUneda): 8.061,84€

Coste execución camiño Ferredo (Parada): 10.873,46€

Estudo de Seguridade e Saúde e xestión de residuos: 429,38 €

Total Orzamento de execución material: 29.055,78€

13% de Gastos xerais: 3.777,25€

6% de Beneficio Industrial: 1.743,35€

Total: 34.576,38€

21% de Iva: 7.261,04

Total Orzamento de execución por contrata: 41.837,42€

compartir

axenda