NovasIr a esta sección

Ultimo Sorteo da Campaña 'Coa Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal'
Data de publicación: 22 de febreiro de 2021

O Concello e a Asociación de Comerciantes da Cañiza celebrarán este venres, 26 de febreiro, o último sorteo da campaña. Será as 14h00 e premiaranse 20 números con 50 €uros cada un

O sorteo que tiña que terse celebrado o pasado 31 de xaneiro, segundo se recolle nas Bases da campaña, tivo que postergarse debido ás novas restriccións por mor da COVID-19 e que afectaron ao conxunto da comunidade galega e ao Concello da Cañiza.

Como nas anteriores ocasións, procederase ao sorteo de 20 números que serán premiados con 50 €uros cada un en vales de 10€uros.

compartir

axenda