NovasIr a esta sección

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NÖEL
Data de publicación: 19 de decembro de 2017

Esta semana comezou de novo con actividades para os máis pequenos que recibiron o saúdo de Papá Nöel a través de Videoconferencia.

O martes 19 de decembro Papá Nöel conectou desde a súa casa de Laponia cos alumn@ s de sexto de infantil dos centros escolares da Cañiza e de Valeixe.

O encontro tivo lugar pola mañá, na aula de Novas Tecnoloxías CEMIT da Casa de Cultura da Cañiza,

Os pequenos tiveron a oportunidade de saudar a Papá Nöel e tamén de facerlle todo tipo de preguntas.

Toda unha entrañable conexión que seguramente non esquecerán os nosos pequenos.

compartir

axenda