NovasIr a esta sección

Vixiancia e control sobre a vespa velutina
Data de publicación: 27 de maio de 2020

En decembro de 2019, o noso Concello expresou a súa conformidade en acollerse ao plan de actuación que a Xunta de Galicia acordou coa Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para a retirada dos niños da Vespa velutina en todo o territorio galego para 2020,

por iso, desde xaneiro a EMPRESA PÚBLICA SEAGA é a encargada de atender os avisos de niños de vespa relativos A Cañiza que sean alertados polos vecinos mediante chamada ao teléfono 012.

 

Ampliar imaxe

A atención prestada pola empresa Seaga implica, en principio, a retirada ou neutralización dos niños activos nun prazo máximo de 5 días hábiles desde que se produce o aviso a través do teléfono 012.

O dito prazo poderá ser maior de 5 días cando concorán especiais circunstancias, como é o caso de niños inalcanzables por estar a mais de 25 metros de altura ou inaccesibles por requerir de permisos de propietarios, permisos administrativos ou calquera outras actuación complementaria.

Ademais, os cidadans alertantes serán informados do resultado final da actuación realizada tras a súa chamada, mediante mensaxe enviada por sms ao teléfono móbil que proporcionen.

En todo caso, os servizos de emerxencias activaránse de feito inmediato se os niños activos están situados no interior das vivendas (chimeneas, tabiques, caíxas de persianas,...), en lugares de paso de poboación ou en establecementos singulares ou de pública concurrencia como poden ser escolas, institutos, igrexas, hospitais, ambulatorios, oficinas públicas, parques infantís, guarderías, consistorios, pavillóns, etc

 

compartir

axenda