Sáuda do Alcalde

 

Unha das claves para o bo funcionamento da administración local é a proximidade e o trato directo cos nosos veciños, cos administrados. Por iso é obriga de todos os que traballamos nesta administración facilitar aos nosos cidadáns a resolución das súas peticións con eficacia, axilidade e rigor. Estudiando a fondo as súas reclamacións, problemáticas ou suxerencias, sen descoidar o tempo. E se é ben certo que en ocasións non resulta doado acadar unha solución rápida e efectiva a algúns plantexamentos, si é a nosa obriga ofrecer unha resposta ou alternativa o máis axeitada posible.


A Cañiza é unha vila rural, de media montaña e interior, que ronda os 5.200 veciños, na que practicamente nos coñecemos todos. Esta resulta unha favorecedora vantaxe fronte aos grandes Concellos que teñen que realizar un importante esforzo por achegar a administración ao administrado. Neste senso temos un grande camiño percorrido, aínda que nos atopamos con outras trabas para facer fronte a todas aquelas carencias que padecemos os municipios rurais. Aínda que cada vez son máis as vantaxes porque a sociedade global e as redes sociais permiten que hoxe en día todos estemos ao alcance dun click.

Todas as administracións locais, xa sexan das grandes urbes como das pequenas localidades, contan cunha estructura administrativa que en ocasións pode resultar complexa. Unha das nosas labores é a de conseguir que esta estructura sexa o máis transparente e eficaz posible. As nosas enerxías van dirixidas día a día a acadar este importante obxectivo.

Por todo isto, o Concello de A Cañiza pon en marcha a súa páxina Web como un instrumento máis para achegar e amosar aos veciños da Vila os servizos con que conta e os trámites e consultas administrativas as que pode acceder a través da rede. E indo un pouco máis alá, a páxina tamén ven a converterse nun escaparate da nosa Vila para todos os foráneos internautas que desexen coñecer a Terra do bo xamón.
 

A todos Benvidos.

Miguel Adolfo Domínguez Alfonso
Alcalde de A Cañiza

compartir

axenda