Taboleiro de anunciosIr a esta sección

04 de decembro de 2017

ANUNCIO

 

A Consellería de Política Social por Resolución de data 26 de outubro de 2017 concedeu a este concello unha subvención por importe de 21.766,58 € para execución da “mellora das infraestruturas e do equipamento da escola infantil” cun investimento elixible de 21.766,58 €, ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia, cofinanciada polo fondo europeo de desenvolvemento rexional no marco do programa operativa FEDER Galicia 2014 – 2020.

 

E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido na Resolución de concesión, asino a presente.

 

Documento asinado electrónicamente por MIGUEL A. DOMINGUEZ ALFONSO, Alcalde do Concello. A Cañiza 

compartir

axenda