Conoce A Cañiza

A Cañiza, Vila de interior e montaña
 
 
Viaxando pola estrada N-120 Vigo - Logroño ou pola Autovía A-52 das Rías Baixas, chégase á localidade de A Cañiza, situada ao sur de Galicia, na parte SE de a provincia de Pontevedra. Cunha extensión de 108,1 Km.2, a súa poboación aproxímase aos 5.200 habitantes distribuídos en 9 parroquias. A Cañiza forma parte da comarca da Paradanta.
 
Este municipio con categoría de vila, destaca pola súa excelente oferta turística e as súas increibles paisaxes de media montaña. 
 
A esmerada e exquisita gastronomía da zona, baseada nos produtos cárnicos co xamón como abanderado e a celebración de importantes eventos, como as antiquísimas romarías da Franqueira, declaradas todas pola Comunidade Autónoma de Galicia como Festas de Interese Turístico, ou a coñecida Feira do Xamón, son algúns dos seus reclamos turísticos.
 
Esta localidade de media montaña e interior brinda a oportunidade de contemplar unha acusada diversidade paisaxística provocada polos desniveis de montañas e vaguadas e de coñecer o seu patrimonio artístico, os costumes das súas xentes e gozar dos variados acontecementos populares que teñen lugar ao longo do ano. 
 
 
A oferta turística complétase cuns servizos concibidos para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e, ao mesmo tempo, para satisfacer as necesidades e demandas dos viaxeiros que a diario visitan A Cañiza.
 
As datas máis sinaladas no noso calendario márcanse o luns de Pentecostés (Romaría das Pascuillas da nosa Señora Santa María da Franqueira),  o 15 de agosto ( coa celebración da afamada Feira do xamón) e o 8 de setembro (Romaría de Verán da Virxe da Franqueira).
 
Na actualidade contamos con diversas rutas de sendeirismo ideais para coñecer a nosa localidade.
 
Esperámoste.!!!
compartir