De compras - Mercañiza 2017

 

 

 BASES REGULADORAS DA CAMPAÑA

“MERCAÑIZA 2017”

 

1.- OBXECTO:

É obxecto das presentes bases regular as condicións nas que se vai a desenvolver a campaña “Mercañiza 2017”

A dita campaña consistirá nun sorteo entre os clientes dos comercios do municipio de vales de compra para empregar nos establecementos adheridos á presente campaña.

2. NORMATIVA APLICABLE:       

As presentes bases regularanse polo contido na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, o R.D. 887/2006, polo que se aproba o seu Regulamento, e a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. DURACIÓN: A presente campaña desenvolverase entre o 1 de XULLO de 2017 e o 28 de febreiro de 2018.

4.- BENEFICIARIOS: Poderán adherirse á campaña “Mercañiza 2017”, tódolos establecementos comerciais do Concello de A Cañiza, que así o soliciten expresamente.

               4.1         Os comerciantes interesados deberán inscribirse nas oficinas municipais. No momento da súa adhesión entregaráselle inicialmente un talonario de 100 rifas a cada comerciante, debendo asinar unha solicitude de participación, así como, o compromiso de aceptar e respetar os vales de desconto obxecto de sorteo. Os comerciantes poderán pedir en calquera momento que o necesiten máis talonarios de rifas.

               4.2         As rifas terán carácter gratuíto para os clientes e serán entregadas aos mesmos por cada comerciante por compras superiores a dez euros (10 €)

5.- CONTÍA DOS PREMIOS:

               A cantidade total a repartir durante a campaña será de 6.000 (seis mil euros), imputable á aplicación orzamentaria 2015.334.48000, a repartir en dous sorteos: 25 de agosto e 29 de decembro do xeito seguinte:

               30 vales de compra por valor de 100 € cada un.

6.- FUNCIONAMENTO DOS SORTEOS:

               6.1 Os días anteriores a cada sorteo, os comerciantes deberán entregar nas oficinas xerais do Concello as matrices correspondentes ás rifas distribuídas ata ese momento, que serán as que se empreguen para a realización de cada sorteo público.

               6.2. O días 25 de agosto e 29 de decembro de 2017, celebrarase no Concello o sorteo, diante do Secretario Municipal, ou persoa en quen delegue, que dará fé da celebración e resultado do mesmo.

               Os números premiados poderanse consultar na páxina web www.caniza.org.

               6.3. As persoas que resulten premiadas deberán recoller nas oficinas municipais os correspondentes vales de compra que poderán empregar ata o día 28 de febreiro de 2018, nos establecementos adheridos.

7. XUSTIFICACIÓN

               En calquera momento durante a vixencia da presente campaña despois de efectuado o primeiro sorteo e ata un mes despois do prazo máximo para a utilización dos vales premiados, os empresarios adheridos achegarán ao Concello as correspondentes facturas xunto aos vales premiados que foran canxeados no seu establecemento, e debendo facer constar expresamente nas facturas o concepto “Campaña mercañiza 2017”, así como expresión do detalle do número de vales canxeados

               Os empresarios que nunca tiveran facturada ao Concello deberán achegar asemade unha copia do seu CIF e o Certificado da Conta Bancaria no que o concello faralle o ingreso.

8. REINTEGRO DAS ACHEGAS

               De conformidade co disposto no artigo 14.j) da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia, o incumprimento das disposicións establecidas nas presentes bases, así como calquera outra disposición reguladora das subvencións públicas, orixinará o reintegro total ou parcial da achega percibida.

9. OBRIGA DE INFORMACIÓN

               Os establecementos adheridos como beneficiarios das achegas, deberán subministrar ao Concello cando sexan requiridos para elo, a información que fora precisa aos efectos de facer as comprobacións que se estimen oportunas.

  BASES REGULADORAS DA CAMPANHA.pdf
  MercaNiza Cartel 2017(1).jpg
compartir