Gastronomía

A Cañiza: parada e fonda


Así a coñecían dende fai moito tempo os viaxeiros que recorrían a sua rúa principal. Dende mediados do século XIX, a Vila xa era lugar de tránsito e a sua poboación creceu a carón da estrada que unía o litoral coa meseta e a capital. Co paso do tempo os veciños adicaron as súas habilidades culinarias aos demáis e, así, moi discretamente, comenzaron a aparecer os primeiros negocios hosteleiros. Era unha cociña moi caseira, cociña que ainda hoxe se conserva nalgúns establecementos.

Galicia é unha das comunidades autónomas con maior oferta gastronómica. Oferta que vai acompañada, ademáis, de garantía e selo de calidade. Os seus pescados, mariscos e carnes non teñen competidor no mercado hosteleiro. E se falamos de carnes, A Cañiza ten moito que decir e máis que ofrecer. 

No 2017 festexamos a 51 edición da  Feira do Xamón que ven celebrándose ininterrumpidamente todos os 15 de agosto dende o ano 1967. Nesta feira se degusta o xamón en media docena de especialidades cun éxito de visitantes sen precedentes. Xamón curado, xamón asado, tortilla de xamón, empanada de xamón e xamón cocido en viño tinto.

Esta Feira converteuse por mérito propio no mellor escaparate para amosar aos visitantes as delicias do xamón de A Cañiza que na nosa localidade acada un nivel de curación único en Galicia. O segredo está no noso especial microclima que permite que este produto acade o nivel óptimo debido ao clima seco e moi moi frío. Ademáis o traballo dos nosos xamoneiros aportan ao xamón un sabor único.

Pero A Cañiza tamén é coñecida polos seus cocidos que, en inverno, saborean centos de visitantes esixentes. E aínda que o cocido cañicense non ten tanta proxección publicitaria como os seus famosos xamóns, o certo é que cada vez son máis os comensales que queren reservar mesa para degustar este tradicional plato.

O cocido se prepara nesta vila durante todo o ano, ainda que é na temporada de caza e nas estacións frías e chuviosas cando se fai máis apetecible probalo. E se continuamos falando de preferencias, os cañicenses saben ben que cando realmente sabe o cocido é un mes despois da matanza, que normalmente se celebra a primeiros de decembro, cando o frío é máis cortante, precisamente para que as carnes endurezan e se curen axeitadamente alcanzando así o grado de curación idóneo.

“Chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño, costela de cerdo” son algúns dos ingredientes deste cocido que se complementa con polo, patacas, fabas, garbanzos, zanahorias e riquísima verdura ou repolo. Se ademáis decide visitar A Cañiza en xaneiro ou febreiro poderá degustar, como engadido, os sabrosos “osos da Xoán”. Todo isto con pan de millo, noces e uvas, regado por viños brancos ou tintos, que nesta zona tan cercana a ribeira se preparan con excelente calidade.

Antes ou despois de este plato, o cliente tamén pode pedir un plato de caldo para continuar quentando o estómago e, como non, o ánimo.

E como en todo bó xantar, non pode faltar o postre. Natillas caseras, leite frita, mel con requesón, chulas ou filloas recheas son algunhas das suxerencias dos hosteleiros. Todo xunto cun bó café e un chupito de augardente de herbas ou licor café.

Pero ademáis nalgúns establecementos tamén se pode degustar un exquisito leitón de porco celta ao forno. Unha delicia culinaria. 

E como non hai nada mellor que probar un mesmo o menú para poder opinar e tendo en conta o cercana que está A Cañiza, ben vale a pena visitar esta vila como alternativa para unha boa fin de semana.

Os hosteleiros estarán encantados de atendelo.

Bo proveito.

 

 

compartir