TURISMO

 

Benvida


Benvid@ a este percorrido pola terra do xamón: A Cañiza.

Nesta sección pretendemos axudarche a que coñezas mellor e máis a fondo a vila pontevedresa da Cañiza, “Vila do bo xamón”, achegándote á nosa gastronomía, ás nosas festas, ás nosas paisaxes, ao noso turismo e ás nosas tradicións e patrimonio.

A través dos banners que che deixamos á dereita, poderás percorrer e coñecer todo o noso Municipio. Coñecer os nosos servizos dirixidos ao lecer e tempo libre. Saber da oferta turística desta zona de media montaña coñecida pola súa fermosa variedade paisaxística que dá numeroso xogo ao camiñante e ao amante da natureza.

Na sección de turismo recomendámoste varias rutas de sendeirismo e na parte lúdica ofrecémoste un amplo calendario de festividades. Se es amante da boa mesa tamén atoparás na Cañiza unha suculenta gastronomía que ten como abanderado o xamón e os produtos cárnicos, co cocido e o lacón con petelo como pratos fortes.

A Cañiza ten sinaladas varias datas no seu calendario de celebracións. O Luns de Pentecostés e o 8 de setembro, datas nas que se celebran as antiquísimas Romarías de Santa María da Franqueira. O mes de marzo, mes gastronómico que acolle a celebración da Festa do Lacón con Petelo. O segundo domingo de xullo coa festividade do Santísimo Cristo da Agonía e o 15 de agosto, data en que celebramos a Feira do Xamón da Cañiza.

Ademais ao longo do ano danse cita no noso Municipio numerosas competicións deportivas, actividades culturais e eventos turísticos que fan que visitar A Cañiza sexa sempre unha opción para ter en conta.

Contamos contigo!!!

compartir