Aviso de corte de auga na zona de Botica, Bueixos, Freixo, Costa do Freixo e Cotosobreiro o día 21 de xullo de 2026 entre as 16h e 18:30h

Servizos básicos, obras, parques e xardíns

🚱CORTE DE AUGA POTABLE

Día 21 de xullo de 2026: corte de auga para instalación de válvula de retención na Rede

Infórmase aos veciños da zona de Bueixos, Freixo, Costa do Freixo e Cotosobreiro que, debido á instalación dunha válvula de retención na rede municipal de distribución de auga potable, a subministración permanecerá cortada de 16h a 18:30h durante este martes, 21 de xullo de 2026.

Zonas afectadas:

  • Dende a rúa Botica no entronque coa rúa Rañadoiro
  • Barrios de Bueixos, Freixo e Costa do Freixo
  • Zona do Cotosobreiro

Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.

 

Aviso de corte de auga na zona de Botica, Bueixos, Freixo, Costa do Freixo e Cotosobreiro o día 21 de xullo de 2026 entre as 16h e 18:30h