Andaina Nocturna ao Miradoiro e Parque Estelar do Montouto
(Espazo recentemente acreditado como parque estelar pola Fundación STARLIGHT de Tenerife).
- Andaina especial: Ascenso nocturno ao Montouto, con cea ao aire libre e charla divulgativa (30 min) sobre astronomía, constelacións e estrelas.
- Unha ruta circular de 5,02 km, cunha duración aproximada de 1 hora e 30 minutos + 30’ de charla especial sobre o CEO nocturno e as estrelas. De dificultade accesible.
- Punto de encontro e saída:Portalón da pista de acceso ao Miradoiro de Montouto, na recta da N-120, no Alto de Fontefría, en sentido Vigo, á man esquerda.
RECOMENDACIÓNS:
Traer lanterna ou frontal para a camiñada.
Levar unha esterilla ou toalla para sentarse comodamente.
Traer o avituallamento para a cea (bocadillo ou víveres ao gusto).
O Concello entregará auga e froita ao inicio da andaina.
Usar calzado cómodo e pechado (preferible de sendeirismo).
Roupa cómoda + chaqueta lixeira para a noite.
Respectar o medio natural e seguir sempre o trazado.
Inscrición previa recomendable na Biblioteca Municipal: 986 66 30 69
Unha nova oportunidade para coñecer os sendeiros naturais da Caniza.
O 21 de agosto de 2026, a partires das 21:30 horas polo sendeiro do Montouto con punto de encontro e saída dende o portalón da pista de acceso a este Miradoiro