Andaina Nocturna polo sendeiro de Montouto

Data
to
Location
Sendeiro do Montouto por Fontefría
Organiser
Concello da Caniza - Verán de Lecer 2026
Actividades

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 coa celebración desta andaina nocturna que terá lugar o venres 21 de agosto, ás 21.30 horas, polo Sendeiro de Montouto. Un percorrido circular de 5,02 quilómetros, cunha duración aproximada de 1 hora e 30 minutos.

Unha ruta de dificultade accesible, ideal para compartir en familia.

O punto de encontro estará situado no portalón da pista de acceso ao Miradoiro de Montouto, na recta da N-120, no Alto de Fontefría, en sentido Vigo, á man esquerda.

Recoméndase aos participantes acudir provistos de lanterna, así como dunha esteira ou toalla, para gozar plenamente da experiencia.

É recomendable realizar inscrición previa na Biblioteca Municipal, chamando ao teléfono 986 66 30 69, co obxectivo de facilitar a organización da actividade.

Con esta iniciativa, o Concello segue promovendo o coñecemento e a posta en valor dos seus sendeiros naturais.

Horario

O 21 de agosto de 2026, a partires das 21:30 horas polo sendeiro do Montouto con punto de encontro e saída dende o portalón da pista de acceso a este Miradoiro