Benestar. Comezan as clases de Ioga con Lorena. Curso 2026/2027

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura
Organiser
Concello da Caniza
Formación

Concello ofrece unha nova edición das clases de ioga, pensadas para todas aquelas persoas que queiran mellorar a súa saúde física e emocional a través desta disciplina milenaria.

As sesións de ioga axudan a mellorar a flexibilidade, fortalecer a musculatura, corrixir posturas, reducir o estrés e atopar un maior equilibrio corpo-mente.

Un espazo para desconectar, coidar o corpo e traballar o equilibrio físico e mental a través do ioga.

  • Conexión
  • Respiración
  • Equilibrio
  • Benestar corporal e mental

Non é necesario ter experiencia previa, xa que as clases están adaptadas a diferentes niveis.

Lugar: Auditorio Casa de Cultura
Días: Luns e venres
Horarios: Consultar dispoñibilidade
Profesora: Lorena

Para máis información e inscrición, contactar con Lorena a través do número 📞 636 781 441

Convida ao teu corpo e á túa mente a gozar dun espazo de calma e benestar.

 


Horario

A partires do 1 de outubro, de luns a venres, en horario de 18:30h a 20:30h